Introdución:
- O sistema lineal de produción e consumo non mudou dende a primeira revolución industrial e todavía se basea na extración de materia prima, na produción de bens, no consumo e na xeración de residuos.
- Ainda que en algúns casos este sistema lineal foi beneficioso en termos de desenvolvemento e benestar, este sistema non é sostible, polo aumento da intesnsidade material e enerxética, reforzado polo crecemento do consumo. O que non é compatible cun mundo de recursos limitados.
- A Economía Circular é unha Oportunidade, porque mellora o emprego dos recursos e aporta valor engadido ao negocios, integrando ao mesmo tempo a sostenibilidade ambiental, a loita contra o cambio climático e o benestar socioeconómico para xeracións presentes e futuras.
- Comezou a introducirse na actual política económica e ambiental da Comisión Europea, a través do Plan de Acción da EU para a Economía Circular presentado pola Comisión Europea ao Parlamento Europeo en decembro 2015. O plan define un mandato baseado nun cambio de paradigma económico na EU que inclúa a colaboración e o compromiso gubernamental a escala nacional, rexional e local coa contribución de todas as partes interesadas.
Que aporta?
- É unha alternativa ao actual modelo de produción e consumo, co potencial de resolver retos medioambientais ao mesmo tempo que abre oportunidades de negocio e de crecemento económico.
- Constrúe un sistema económico máis resiliente e adaptable á escasez de materias primas e recursos enerxéticos, así como prevendo a volatilidade financieira e impulsando a innovación e eficiencia empresarial, feitos que cambiarán de xeito radical os patróns de produción e consumo.
- Pode xerar postos de traballo, favorecer o crecemento socioeconómico a escala local e fortalecer a cohesión social e a integración.Segundo estimacións de Comisión Europea, se se aplicase toda a normativa vixente en materia de residuos crearíanse máis de 400.000 postos de traballo na UE, dos que 52.000 localizaríanse en España.
Principios da Economía Circular
- Deseño da prevención de residuos: Dar unha segunda vida aos obxectos a partir do deseño con novos valores engadidos
- Construción da resiliencia a través da diversidade: Reducir a obsolescencia e incrementar a funcionalidade e o uso
- Uso das enerxías renovables:Empregar soamente recursos renovables para a redución do impacto negativo no ambiente e na saúde
- Os residuos son comida: Residuo = Recurso
Como se fai economía circular?
A innovación é o elemento clave para lograr a transición cara unha Economía Circular. Novas tecnoloxías, procesos, servizos e modelos empresariais, así como cambio integral nos patróns de comportamento dos consumidores.
Marcos estratéxicos
Folla de ruta:
- Políticas: Desenvolvemento e armonización de lexislacións. Normativas a nivel nacional e rexional en consonancia coas liñas estratéxicas de Europa.
- Fiscalidade: Reforma e definición de impostos e incentivos combinados para a redución de insumos materiais e enerxéticos.
- Formación: Definir estratexias a longo prazo. Introdución de elementos educativos de consumo responsable dende o inicio da escolarización podería ser unha chave no avance.