Conceptos xerais da economía circular

Publicado | 0 comentarios


Conceptos xerais da economía circular

Introdución:

  • O sistema lineal de produción e consumo non mudou dende a primeira revolución industrial e todavía se basea na extración de materia prima, na produción de bens, no consumo e na xeración de residuos.
  • Ainda que en algúns casos este sistema lineal foi beneficioso en termos de desenvolvemento e benestar, este sistema non é sostible, polo aumento da intesnsidade material e enerxética, reforzado polo crecemento do consumo. O que non é compatible cun mundo de recursos limitados.
  • A Economía Circular é unha Oportunidade,  porque mellora o emprego dos recursos e aporta valor engadido ao negocios, integrando ao mesmo tempo a sostenibilidade ambiental, a loita contra o cambio climático e o benestar socioeconómico para xeracións presentes e futuras.
  • Comezou a introducirse na actual política económica e ambiental da Comisión Europea, a través do Plan de Acción da EU para a Economía Circular presentado pola Comisión Europea ao Parlamento Europeo en decembro 2015. O plan define un mandato baseado nun cambio de paradigma económico na EU que inclúa a colaboración e o compromiso gubernamental a escala nacional, rexional e local coa contribución de todas as partes interesadas.

Que aporta?

  • É unha alternativa ao actual modelo de produción e consumo, co potencial de resolver retos medioambientais ao mesmo tempo que abre oportunidades de negocio e de crecemento económico.
  • Constrúe un sistema económico máis resiliente e adaptable á escasez de materias primas e recursos enerxéticos, así como prevendo a volatilidade financieira e impulsando a innovación e eficiencia empresarial, feitos que cambiarán de xeito radical os patróns de produción e consumo.
  • Pode xerar postos de traballo, favorecer o crecemento socioeconómico a escala local e fortalecer a cohesión social e a integración.Segundo estimacións de Comisión Europea, se se aplicase toda a normativa vixente en materia de residuos crearíanse máis de 400.000 postos de traballo na UE, dos que 52.000 localizaríanse en España.

Principios da Economía Circular

  • Deseño da prevención de residuos: Dar unha segunda vida aos obxectos a partir do deseño con novos valores engadidos
  • Construción da resiliencia a través da diversidade: Reducir a obsolescencia e incrementar a funcionalidade e o uso
  • Uso das enerxías renovables:Empregar soamente recursos renovables para a redución do impacto negativo no ambiente e na saúde
  • Os residuos son comida: Residuo = Recurso

Como se fai economía circular?

A innovación é o elemento clave para lograr a transición cara unha Economía Circular. Novas tecnoloxías, procesos, servizos e modelos empresariais, así como cambio integral nos patróns de comportamento dos consumidores.

Marcos estratéxicos

Folla de ruta:

  • Políticas: Desenvolvemento e armonización de lexislacións. Normativas a nivel nacional e rexional en consonancia coas liñas estratéxicas de Europa.
  • Fiscalidade: Reforma e definición de impostos e incentivos combinados para a redución de insumos materiais e enerxéticos.
  • Formación: Definir estratexias a longo prazo. Introdución de elementos educativos de consumo responsable dende o inicio da escolarización podería ser unha chave no avance.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.

ACEPTAR